Apuntes biográficos/históricosNaceu arredor do ano 390, na vila ourensá de Xinzo de Limia. Tras unha viaxe como peregrino á cidade de Belén, decide estudar a carreira eclesiástica para, uns anos máis tarde, concretamente no 427, converterse en Bispo de Chaves. Nese mesmo ano preside a embaixada enviada polos galegos ao Magister Militum Aecio, para pedir axuda contra os suevos. Isto traería como consecuencia unha persecución por parte destes durante algún tempo. Considerado como o introdutor do modelo de crónica, é o autor dun Cronicón que narra os acontecementos que tiveron lugar na antiga Hispania entre os anos 379 e 468. Esta foi, sen dúbida, a súa magna obra e constitúe á súa vez un valiosísimo documento para o coñecemento da historia da Hispania do século V.
Formas alternativas do nomeIdacio, , Bispo de Chiaves, ca. 390-470
Hidacio, , Bispo de Chaves, ca. 390-470
Idacio, , Bispo de Aquas Flavias , ca. 390-470
Idatius, , Bispo de Chaves, ca. 390-470
Hydatius, , Bispo de Chaves, ca. 390-470
Hidacio da Limia, , Bispo de Chaves, ca. 390-470
Iidacio da Limia, , Bispo de Chaves, ca. 390-470
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o 23.06.2017 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2435