(Ourense, España, 1878 - Tampa, Estados Unidos, 1943)
Apuntes biográficos/históricosSacerdote, xornalista e político que naceu en Ourense en 1878 e morreu en Tampa (Florida) no ano 1943. Fixo a carreira sacerdotal no Seminario Conciliar de San Fernando da Cidade das Burgas. Ata que se traslada a Madrid en 1907, colabora en El Heraldo Gallego, xornal dirixido e fundado por Valetín Lamas Carvajal. Xa na capital escribe na revista Galicia que pasará a dirixir no ano 1909. Foi un dos promotores do agrarismo galego, fundamentalmente a través da súa implicación en Acción Gallega, un dos mais importantes movementos agrarios e anticaciquís na Galicia do século XX. O seu radicalismo traeralle problemas cos seus superiores eclesiásticos, polo que termina por abandonar o sacerdocio. Dende ese momento dedicarase á política e ó xornalismo. Na capital funda o xornal El Parlamentario e na súa cidade de orixe o diario La Zarpa. En 1928 ingresa no Partido Radical o que lle permitirá ser deputado nas primeiras lexislaturas da Segunda República. A súa lealdade a República fará que cando estalle a Guerra Civil en 1936 teña que saír do país. Vivirá exiliado o resto da súa vida, primeiro na Arxentina e logo en Cuba e nos Estados Unidos, país no que faleceu en 1943.
Formas alternativas do nomeÁlvarez Rodríguez, Basilio, 1878-1943
Álvarez Rodríguez, Basilio
Álvarez, Basilio
Seudónimo:
Seudónimo: Alba Reza, Silvio
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 26 de marzo de 2014 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=214
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional. BNE19970727095. Visitado o 26 de marzo de 2014