Apuntes biográficos/históricosNaceu en Madrid pero aos 6 anos a familia trasládase a Lugo, ao seren destinado o seu pai alí. De alí, a familia pasou a Betanzos e finalmente en 1897 instálanse na Coruña onde permaneceu toda a súa vida.
Profesor de debuxo e caligrafía e autor de libros de texto, dedicouse tamén á organización de actividades culturais. Foi o director do Museo de Belas Artes da Coruña ata pouco antes do seu falecemento.
Membro das reais academias de Belas Artes de San Fernando e de Nosa Señora do Rosario, tamén pertenceu á Real Academia Galega.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 20 de setembro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=5780
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Consultado o día 20 de setembro de 2021. XX1393697