Apuntes biográficos/históricosSofía Casanova foi unha poetisa, novelista e xornalista galega. Foi a primeira española correspondente permanente dun diario no estranxeiro e correspondente de guerra. Ainda que naceu na Coruña, cando morre seu pai, sendo unha mociña, trasládase a vivir a Madrid co resto da súa familia. Alí recibe unha esmerada educación. En 1887 casa con Wincenty Lutoslawski, un intelectual, diplomático e terratenente polaco. A raíz do casamento, Sofía Casanova mudouse á casa familiar da familia Lutoslawsky no dominio de Drozdowo, cerca de Poznan. A súa obra literaria abrangue varios xéneros: poesía, conto, teatro, novela e crónica xornalística.
Formas alternativas do nomeCasanova de Lutoslawski, Sofía, 1862-1958
Lutoslauski de Drozdow, Sofía, 1862-1958
Pérez Casanova de Lutoslawski, Sofía, 1862-1958
Casanova de Lutosluwska, Sofía, 1862-1958
Pérez Casanova de Lutoslawski, Sofía Guadalupe, 1862-1958
Casanova, Sofía, (1862-1958
Fontes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España .XX1005777. Visitado o 12 de abril de 2019