Apuntes biográficos/históricosCatedrático de Física e Química e autor de varios manuais sobre estas materias, foi director do Observatorio Metereolóxico do Instituto provincial desde 1871, asumindo o seu traslado ao novo Instituto da Guarda. Foi vicedirector no equipo directivo que dirixía Xosé Pérez Ballesteros.
Participou nos actos organizados en 1893 contra o traslado da Capitanía Xeral de Galicia ingresando no cárcere no vello cuartel de Santo Domingo. Por este motivo foi homenaxeado en 1894, xunto con outros compañeiros participantes nas protestas.
Fontes consultadas1. Ruso, M.I. e Soto, M.R. (coord.). O Instituto da Guarda da Coruña: 125 anos de historia, 2016 https://bit.ly/3qWI0e7