(Viveiro, Lugo, España, 1908 - A Coruña, España, 1989)
Apuntes biográficos/históricosEstudou nos seminarios de Mondoñedo e Lugo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, graduado en Maxisterio pola de Santiago de Compostela e Doutor en Letras pola Universidade Central, exerceu no Instituto de Puertollano e na Escola de Comercio da Coruña. Tamén dou clase no Instituto Eusebio da Guarda. Nomeado académico pola Real Academia Galega, do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Etnográfico de Lisboa, e Cronista Oficial de Viveiro.
Colaborador na prensa galega, española e portuguesa, en especial en La Voz de Ortigueira e no Heraldo de Vivero. A súa obra trata desde temas científicos ata aspectos históricos, pasando pola súa obra sobre Relixión e textos poéticos.