Apuntes biográficos/históricosFoi un escritor galego.
Fillo de Luís Rodríguez Garea. Foi un dos redactores do periódico pontevedrés El País (1857) e colaborou en La Correspondencia de España. En 1858 dedicouse a localizar nos arquivos de Madrid as obras completas do Padre Sarmiento. Rematou a carreira diplomática e recibiu o título de Arquiveiro-Bibliotecario. Dispúñase a rematar os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid, cando finou de febre tifoide. A súa obra foi recompilada no volume Artículos y Novelas (1889) cun prólogo do seu irmán Luís Rodríguez Seoane (tomo XXI da Biblioteca Gallega).
Galipedia