(Baio, Zas, A Coruña, España, 1863 - Barcelona, España, 1925)
Apuntes biográficos/históricosEstudante de Dereito na Universidade de Santiago, participa das sesións da Academia de la Juventud Católica e noutros faladoiros xunto con Valle-Inclán, Alfredo Brañas, Augusto Besada. Remata a licenciatura en 1884 e dedícase ao xornalismo. Funda e dirixe as revistas Galicia Humorística e La pequeña Patria, pero a precariedade anímao a seguir o consello de Alfredo Brañas e ingresa na Administración Pública da man do deputado por Pontevedra, Eduardo Vicenti Reguera.
Aínda continúa a súa carreira xornalística e funda as revistas Extracto de Literatura, Galicia Moderna e Pasatiempos e continúa colaborando noutras como Mi Tierra. Alejandro Pérez Lugín baseou o seu personaxe Barcala de La casa de la Troya en Labarta Pose xa que cría que era unha figura principal da mentalidade galega "y de la grey juvenil santiaguesa".
Parte da súa obra está espallada polos xornais e revistas nos que escribía, ás veces con pseudónimo, como Antón de Rabodegalo, e outra está recollida nos seus libros, escritos en galego e tamén en castelán. Carballo Calero consideraba o monólogo A festa da patrona de Tabeirón, de 1904, o mellor da súa produción. En xeral, a súa obra destaca polo humor, polo que tamén foi chamado o Quevedo galego. A súa poesía haina que enmarcar no costumismo de finais do século XIX e principios do XX, completada con elementos modernistas.
Formas alternativas do nomeLabarta Posse, Enrique
Labarta Pose, Enrique
Labarta, Enrique
Labarta, José Enrique, 1863-1925
Seudónimo:
Seudónimo: Rabodegalo, Antón de, 1863-1925
Seúdonimo:
Seúdonimo: Suevia, Enrique de , 1863-1925
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 7 de xuño de 2021. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2526
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 5 de maio de 2021. XX1334985