"Celso García de la Riega, nado en Pontevedra o 26 de agosto de 1844 e finado na mesma cidade foi un funcionario, político, escritor e pintor galego.
Funcionario da Administración, desempeñou varios cargos administrativos na Habana (1873-1879), e regresou a España, onde tralo triunfo do Partido Liberal foi elixido deputado polo distrito de Cambados (1886), e gobernador civil de León (1888-1890). Foi redactor de La Voz del Pueblo, e colaborador dos xornais El Imparcial e La Correspondencia de España, de Madrid, e de La Voz de Galicia e El Heraldo Gallego. Nomeado membro fundador da Real Academia Galega en 1905, renunciou ó pouco tempo polas súas desavinzas con Manuel Murguía, a quen atacou ferozmente desde a prensa.
Entre as súas obras destacan Galicia Antigua (1904), na que refutou as teses de Murguía sobre a orixe celta da poboación galega, e La Gallega, nave capitá de Colón en el primer viaje de descubrimientos (1897), onde expuxo as súas teorías sobre a orixe galega de Cristovo Colón, e que logo ampliou en Colón español. Su origen y patria (1914).
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal