Apuntes biográficos/históricosTras estudar o bacharelato en Lugo marcha a estudar na Coruña onde se gradúa como profesor mercantil. Participa no faladoiro da Cova Céltica, celebrado na librería de Eugenio Carré Aldau, xunto con personaxes como Manuel Murguía ou Eduardo Pondal. En 1905 foi nomeado académico adxunto da Real Academia Galega. E en 1919 ingresa por oposición no Corpo de Interventores da Administración Local e comeza a traballar na Deputación de Lugo.
Tras o descubrimento oficial do Templo de Santalla de Bóveda en 1926, convértese nun dos seus principais divulgadores e participa nas actuacións arqueolóxicas levadas a cabo para salvar este santuario.
Fundador do Museo Provincial de Lugo xunto con Luís López Martí, do que é nomeado director en 1948 e finalmente, a partir de 1982, Director Honorario Perpetuo.
Vázquez Seijas tamén foi vogal de Estudos Xacobeos en Compostela, presidente da Asociación Lucense de Amigos dos Castelos, Secretario da Comisión Provincial de Monumentos e correspondente da Academia Provincial de Bellas Artes de La Coruña, da Real Academia de la Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Arqueolóxico Alemán.