(Betanzos, A Coruña, España, 1874 - A Coruña, España, 1933)
Apuntes biográficos/históricosLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na carreira diplomática en 1896. Vicecónsul en Nova York, Chicago, Illas Bermudas, Nova Orleáns e Porto Rico. Máis tarde foi cónsul na Guaira, Panamá, Hendaia, O Havre, Saint-Nazaire, Bombai, A Habana e Veracruz.
Colaborador de xornais como El Globo, Blanco y Negro, La Esfera e Diario de la Marina, tamén dirixiu El Noroeste. En 1932 ingresou na Real Academia Galega.