(Pontedeume, A Coruña, España, 1868 - A Habana, Cuba, 1923)
Apuntes biográficos/históricosEmigrou á Habana moi novo onde estudou na Escola de Comercio mentres traballaba. Dirixiu o ensino de comercio no Centro Gallego de La Habana e, tras rematar a carreira de Dereito e establecerse como avogado, mantivo unha asesoría xurídica de balde tamén no Centro Gallego.
Colaborou na creación do semanario La Tierra Gallega e, en 1894, funda a Biblioteca Comercial Hispano-Americana de Ciencias Comerciales, na que publica libros de texto para as escolas de comercio de diferentes países latinoamericanos.
Despois do desastre do 98, volve a España e establécese en Barcelona durante uns anos. En 1904 regresa a Cuba para traballar no Colexio Mercantil do Centro Gallego como profesor. Escritor galeguista, publica en medios como Nova Galicia de Bos Aires e no Galicia da Habana, xornal que tamén dirixiu entre 1906 e 1908.
Socio da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, participa na constitución do Comité Redencionista da Habana, máis tarde Unión Redencionista Gallega, a través do que se pretendía eliminar os foros que afectaban ao campesiñado galego.
A partir de 1911 desatende a súa actividade galeguista para centrarse no estudo da galeguidade de Cristóbal Colón.
Formas alternativas do nomeHorta y Pardo, Constantino
Horta y Pardo, Constantino de
Pardo de Cela, 1868-1923
Pardo de Cela, C.H., 1868-1923
Pardo de Cela, P., 1868-1923
Horta, Constantino de La Habana
Fontes consultadas1. Autores galegos na USC. Consulta o día 31 de xaneiro de 2022 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2427
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Consultada o día 31 de xaneiro de 2022. XX953282