(A Laracha, A Coruña, España, 1908 - Cidade de México, México, 1990)
Apuntes biográficos/históricosFoi un sacerdote católico galego.
Fillo de labregos, vestiu o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas) en agosto de 1923 e máis tarde estudou filosofía no convento da Nosa Señora de Vistahermosa (Ourense) e teoloxía no convento de San Francisco do Val de Deus de Santiago de Compostela, onde profesou o 25 de xuño de 1929 e foi ordenado sacerdote en xuño de 1931.
Desde a súa época de estudante naceu nel a vocación de historiador, disciplina na que entraría baixo a orientación de frei Atanasio López Fernández. En 1933 viaxou para estudar en Roma onde se licenciou en Historia Eclesiástica en 1937, o que lle serviu para se incorporar á Academia Americana da Historia, con sede en Washington, onde traballou durante varias décadas.
O padre Gómez Canedo foi un incansable home de letras e de palabras conferenciantes que, ao compás dos seus quefaceres clericais, empregou toda a súa vida para furgar neses cartafoles eclesiástico-historiográficos que hoxe se atopan repartidos polas diversas bibliotecas e institucións culturais da nosa xeografía e as dos continentes americano e asiático, deixando un legado histórico de gran valor documental.
Galipedia
Formas alternativas do nomeCanedo, Lino G., 1908-1990
Gómez Canedo, Lino O.F.M., 1908-1990
L.G.C. (Gómez Canedo, Lino), 1908-1990
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 10 de xuño de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2142
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX926682. Visitado o día 10 de xuño de 2020