(Santiago de Compostela, A Coruña, España, 1883 - Pontevedra, España, 1966)
Apuntes biográficos/históricosJosefa Iglesias Vilarelle, nada en Santiago de Compostela en 1883 e finada en Pontevedra a finais de xaneiro de 1966, foi unha mestra e pedagoga galega. Viviu dende nena en Pontevedra e fixo alí o estudos de Maxisterio que rematou en 1901. Acadou a praza de mestra en 1908 exercendo en Carnota, e anos despois en Mourente. Estivo vencellada, coma o seu irmán Antón, á Dereita Galeguista e ao Seminario de Estudos Galegos. En 1932 publicou "Método de lectura" (Pontevedra: SEG, imprenta Paredes), o primeiro manual para o ensino da lectura e escrita do galego. Manual de interese didáctico, é etimoloxista en canto á representación gráfica, e está deseñado na liña das cartillas de lectura escolares que promovía a II República española