Apuntes biográficos/históricosPedro Guimarey Filgueiras naceu ás 6 da tarde do día 5 de xullo de 1905 na rúa Rubalcava, na cidade de Ferrol. Era fillo de José Guimarey Goldar e de Sinforosa Filgueiras López, sendo o segundo de 5 irmáns.
Das primeiras novas que sabemos del é que era un afeccionado da música, en concreto ao violin, e tamén ao deporte, fundamentalmente ao fútbol, chegando a ser xogador do Racing.
O 16 de xuño de 1926 temos noticia de que aproba os exames para exercer oficio de practicante, 0 séndolle outorgado o 21 de decembro o titulo pola Universidade de Santiago. Dada esta vocación, entre 1927 e 1929, atopámolo en viaxes maritimas cara América en diversos buques franceses e alemáns, o que lle permitirá entrar en contacto cos respectivos idiomas. Isto se comprobará no futuro ante o seu coñecemento das obras Abaixo as armas e Sen novidade na fronte, ámbalas dúas de orixe xermánica.
En maio de 1930 atopamos en El Pueblo Gallego un primeiro artigo da súa autoría titulado Himnos de Paz onde fai gala do coñecemento das obras anteriormente citadas. O artigo é unha chamada cara unha educación que redunde no pacifismo para que as vindeiras xeracións non cometeran os erros da Grande Guerra (1914-1918). O 12 de xuño, sabemos da súa definitiva volta a Ferrol.
Nos anos da Segunda República (1931-1936) desenvolverá unha intensa labor coma conferenciante en diversos actos vinculados ao Centro Obreiro de Cultura de Ferrol, do que será o seu bibliotecario dende o 1933 ata o 1935. Destacan entre as súas conferencias: Las tropas de niños y las guerras de los hombres ou La Autodidáctica y la voluntad, ámbalas dúas de 1935.
No ano 1931, en concreto o 20 de xuño, publica un poema baixo o titulo Adiós a Galicia en Vida Gallega. A composición constitúe un auténtico canto á saudade. Nin tan só un mes despois, o 10 de agosto, publica outra composición baixo título de 0 Conciencia de carácter intimista onde reflicte unha horrible batalla entre as paixóns que perturban a paz da súa existencia. De novo, o 10 de setembro volve facer unha pequena poesía chamada Huellas en la fronda. Esta se caracteriza por unha temática ao redor da natureza e do pacifismo.
O 9 de setembro de 1932, Guimarey participa na creación do semanario republicano Renovación, do que será o seu director.
O 31 de xaneiro de 1933 aparece o periódico Cultura pertencente ó propio Centro Obreiro de Ferrol. O motivo fora o 113 aniversario do natalicio de Concepción Arenal. Guimarey formará parte activa desta publicación. O mesmo ano, concretamente o 1 de xuño, o noso autor, quizais rememorando o traballo da visitadora de cárceres Concepción Arenal, participa nunha subscrición coa fin de adquirir unha aparato de radio para a prisión preventiva da cidade, sendo dos primeiros en aportar unha cantidade monetaria.
O 1 de xuño de 1934, infórmase que Pedro Guimarey gañador do II Concurso Nacional de Teatro y Literatura pola súa obra Nido de esclavos, unha obra que reflicte entorno dos estaleiros da cidade departamental. Malia isto, dado que non é membro da Asociación de Artistas y Escritores, organizadores do evento, non lle é outorgado o aporte en metálico do premio, Pese a isto, o 8 de xullo os seus amigos organizanlle un banquete no Parque Ideal Room. En total presentáronse 25 comensais outorgándolle un agasallo enaltecendo a labor do autor e os seus merecidos éxitos. Guimarey contestou con modestia facendo fincapé na futura superación das súas obras próximas.
Ademais, recibiu tamén adhesións por parte de amigos que non puideran asistir, e incluso a maiores. recibiu unha chamada telefónica do Centro Republicano da Esquerda Galega de Santiago. Tamén diversos medios felicitáronnos polo premio.
No 1936, en concreto o 21 de xuño, estréase no Teatro Renacimiento (Ferrol) a súa obra Doña Tierra. Segundo os xornais da época, esta caracterizábase coma Nidos de esclavos, polas súas estampas realistas e o peculiar humor do autor. Se ben, aclarando, que constituía unha obra humanisima que trataba problemas fondos sen ofender sentimentos. Estilisticamente o grande interese diálogo era de e valor literario. Segundo outro artigo do 23 de xuño, a estrea viuse colmada de público, merecendo numerosas ovacións. Tamén dise que ben se podería titular
La lucha por el ideal, ante a temática social ante a que se desenvolve a obra coa pugna duns por avanzaren cara un mundo máis xusto e doutros por manteren a vella sociedade. Curioso que desta obra non conservamos ningún texto, o que semella ser resultado da súa destrución intencionada para evitar calquera posible represión.
De feito, ante o golpe de Estado de xullo de 1936, sabemos que Pedro Guimarey era unha figura sinalada pola dereita, a cal molestáballe a critica social da súa obra. O parecer un amigo del avisoulle de que fuxira, se ben por mor doutra amizade optou por non se esconder. O dia 20 de setembro de 1936 un grupo de falanxistas paseárono. A súa acta de defunción do 6 de outubro declara que foi pasado polas armas. Non so el, senón que tamén dous dos seus irmáns padeceron a represión, se ben libráronse do cruel asasinato.
Pedro Guimarey Filgueiras, exposicion fotobibliográfica.
Formas alternativas do nomeGuimarey Filgueiras, Pedro
Seudónimo:
Seudónimo: Periandro
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 14 de maio de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2366
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional. XX1289172. Visitado o 14 de maio de 2021
3. Pedro Guimarey Filgueiras, exposición fotobibliográfica. Ferrol: Muíño do Vento, 2018.