Apuntes biográficos/históricosAvogado, político e escritor galego, fillo de José Ramón Bugallal Muñoz, quen fora xefe do Partido Conservador en Galicia, alcalde de Ponteareas e gobernador civil de Ourense, e neto do xornalista Isidoro Araújo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo en Pontevedra ata que, en 1883, marcha a Madrid onde ingresa no corpo de Rexistradores da Propiedade.
Deputado provincia por Ponteareas nas eleccións de 1903, 1905, 1907 e 1910, e por Ourense en 1910.
Colaboraba en Faro de Vigo, La Correspondencia Gallega e El Universo. Académico correspondente da Real Academia Galega.