López Carballeira, Antonio, aproximadamente 1880-1936
(Santiago de Compostela, España, aproximadamente 1880 - 1936)
Apuntes biográficos/históricosAntonio López Carballeira, nado en Santiago de Compostela, foi un sacerdote e escritor galego, catedrático da Universidad Pontificia de Santiago.
Cursou estudos eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela, do que foi profesor cando aínda era estudante. Obtivo unha coenxía en Toledo e despois trasladouse a Valladolid. Sobresaíu dende moi novo polos seus traballos en prosa e verso. Colaborou en Vida Gallega. Usou o pseudónimo L. da Carvalheira. Pronunciou varias conferencias e discursos, algúns dos cales se imprimiron.