Apuntes biográficos/históricosFoi un debuxante galego.
Fillo de emigrantes galegos na Arxentina, naceu en Bos Aires pero con sete anos, a familia regresa a Galicia e instálanse en Mondoñedo. Foi profesor de debuxo lineal e artístico da Escola de Artes e Oficios de Mondoñedo.
Colabora en publicacións periódicas como "Faro de Vigo", "El Progreso", a revista "Céltiga" e a publicación de Mondoñedo "Vallibria".