Apuntes biográficos/históricosNatural de Sarria (Lugo), onde naceu o 2 de marzo de 1862, estudou no Seminario de Lugo e, tras ordenarse presbítero (1888) e desempeñar o cargo de profesor de latín no devandito Seminario, trasladouse a Roma (1895), doutorándose en dereito canónico.
Ao seu regreso (1897) foi nomeado profesor de teoloxía do Seminario lucense e en 1904.
Participou na creación do xornal "La voz da verdad", do que chegou a ser director, e traduciu ao castelán a obra sobre o chantadino Juan Alfonso Varela, titulada "Vida del siervo de Dios Juan Alfonso Varela de Losada" (Lugo, 1915).
Antonio Cedrón faleceu en Lugo o 13 de xaneiro de 1920.
Formas alternativas do nomeCedrón Grandas, Antonio, 1862-1920
Cedrón, Antonio
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consultado o 25 de marzo de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=1097
2. Enciclopedia galega Cedrón Grandas, Antonio