Apuntes biográficos/históricosCursou estudos da carreira eclesiástica, que non rematou, e licenciouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro e trasladouse a Ferrol, onde se dedicou activamente á política. Foi presidente da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) local e impulsor do Sindicato Católico Agrario, inspirado polas ideas de Eugenio Vázquez Gundín.
Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección pola Fronte Popular. Colaborou en El Departamento de Ferrol e dirixiu Pro Neutralidad, La Sirena del Norte, La Voz de la Verdad, La Verdad e El Correo Gallego (en dúas ocasións).
Casou en 1926 con Matilde Nolla López e foi o pai do escritor e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 31 de marzo de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3765
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional. XX1395224. Visitado o 31 de marzo de 2021.