Apuntes biográficos/históricosBenito Pérez Mon faise cargo da imprenta "Viúda de Riesgo" no ano 1849, na que imprime unha soa obra coñecida : "La lógica y Metafísica de Balmes" de Leoncio Perejón. Proseguiu co boletín da provincia. Odriozola e Barreiro cren que Benito era familiar de Cándido Pérez e de Patricia Miramón, viúva de Riesgo e posteriormente esposa de Cándido. Segundo Odriozola e Barreiro é posible que Benito reducira o apelido de Miramón a Mon.
Parte desta imprenta pasou a Mondoñedo a cargo de José Mon, fillo de Benito, vendéndoa despois a Perrote y Romero de Mondoñedo. Outra parte pasou a Betanzos, en propiedade de Joaquín Castañeira que funda a primeira imprenta desta cidade.
Fontes consultadas1. Odriozola, A., Barreiro, X. R. Historia de la imprenta en Galicia. La Coruña : Biblioteca Gallega, 1992. Páxina 304.