Ibáñez, Antonio Raimundo , Marqués de Sargadelos, 1749-1809
(Santalla de Oscos, Asturias, España, 1749 - Ribadeo, Lugo, 1809)
Apuntes biográficos/históricosAntonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en Ferreirela de Baxo (Santalla de Oscos) o 17 de outubro de 1749 e finado en Dompiñor (Ribadeo) o 2 de febreiro de 1809, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.
Chegou a Ribadeo no 1768, e ó ano seguinte xa era administrador da casa de Guimarán, por encargo do ribadense emigrado ó territorio do Perú Bernardo Rodríguez de Arango y Mon. Impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Igualmente, impulsou o comercio, que foi a base da súa fortuna persoal, tanto por mar como no interior da península, de liño e alcohol, e xestionou minas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor (Piñeira, Ribadeo) o 2 de febreiro do ano 1809, día no que a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.
As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878. O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.
Formas alternativas do nomeSargadelos, Antonio Raimundo Ibañez, Marqués de, 1749-1809
Ibáñez Gastón, Antonio Raimundo , Marqués de Sargadelos, 1749-1809
Ibáñez, Antonio Raymundo , Marqués de Sargadelos, 1749-1809
Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez Marqués de, 1749-1809
Ibáñez y Gastón de Isaba, Antonio Raimundo Marqués de Sargadelos
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 24 de maio de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=6123
2. Catálogo de autoridades da BNE. XX1176647. Visitado o 24 de maio de 2021