Apuntes biográficos/históricosAntón Estévez Cao, nado en Ourense, foi un escritor e xornalista galego.
Colaborou en "Eco de Galicia", na terceira etapa de "O Tio Marcos d'a Portela" e "El Tea", do que foi correspondente en Ourense. Publicou poemas en "La Raza", "El Emigrado", "Nuevo Támega", "Hebe", "La Voz del Agro" e "Faro Villalbés", e poemas e contos en "Las Riberas del Eo". Tamén publicou algún artigo na páxina Galicia agrícola y ganadera de "La Voz de Galicia". En 1919 anunciouse a próxima publicación dun poemario co título "Perfumes d'a miña chola", que non chegou a ver a luz. En 1921 publicou o poemario "D'a terra", e en 1928 tiña previsto a edición dun libro de poemas co título "Cantos do vento".