(Noreña, Asturias, España, 1924 - A Coruña, España, 2007)
Apuntes biográficos/históricosEstudou na Universidade Complutense de Madrid, ingresando no corpo de médicos titulares en 1950, e exercendo en Oleiros, concello no que tamén foi alcalde. Máis tarde pasou a exercer a medicina na Coruña. Especialista en Xeriatría, profesor na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e na Complutense de Madrid. Tamén impartiu docencia en diferentes másters universitarios, en Barcelona e Salamanca, así como na Escola de Enfermería de Santiago e no CHUAC.
Autor de moitas obras especializadas no seu campo, colaborador en obras colectivas así como autor de numerosos artigos en revistas médicas, españolas e estranxeiras, e no xornal La Voz de Galicia.
Foi tamén un activo colaborador de organizacións asistenciais como Cáritas, a Residencia Padre Rubinos e da Cruz Vermella. Académico numerario da Real Academia de Medicina de Galicia, Xefe do Servizo de Xeriatría da Cruz Vermella da Coruña. Presidente das Sociedades española e galega de Xeriatría e Xerontoloxía. E Director da Revista Española de Xeriatría durante os anos 1975-1998, e máis tarde subdirector de Geriátrica, revista iberoamericana de Xeriatría.
Formas alternativas do nomeJiménez Herrero, F., 1924-2007
Seudónimo:
Seudónimo: Mariñán, 1924-2007
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Consulta o día 16 de outubro de 2023 https://autorgal.usc.gal/encabezamiento/jimenez-herrero-fernando-1924-2007/
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Visitado o día 16 de outubro de 2023. XX1001452