Apuntes biográficos/históricosHans Christian Andersen foi un escritor e poeta danés, famoso polos seus contos para nenos, entre eles O patiño feo, A Sereíña e A Raíña das Neves. Ademáis de novelas, poesía e teatro, escribiu unha autobiografía e publicou valiosos libros de viaxes fruto das suas experiencias, xa que pasou aproximadamente dez anos da sua vida viaxando. Con todo, a Hans Christian Andersen coñéceselle sobre todo polos seus contos infantís, algúns inspirados en contos e lendas nórdicas, pero a maioría deles inventados por el e caracterizados por unha gran imaxinación, humor e sensibilidade. En calquera caso, estes máis de douscentos relatos, algúns traducidos a moitas linguas, foron reeditados e grazas a eles tivo o privilexio de ser recoñecido en vida como autor, converténdose nun dos clásicos da literatura infantil. Na súa honra, desde 1956 concédese, cada dous anos, o premio Hans Christian Andersen de literatura infantil e, desde 1966, tamén de ilustración. O 2 de abril, data do seu nacemento, celébrase o Día Internacional do Libro infantil. En 2006, ano do bicentenario do nacemento do autor, celebrouse en todo o mundo lembrando a súa vida e obra. Wikipedia