Apuntes biográficos/históricosManuel Pascual Amor Meilán foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.
Traballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.
Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.
Un dos fundadores da Real Academia Galega en 1905, tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Galipedia
Formas alternativas do nomeM.A.M.
Seudónimo:
Seudónimo: Molina Mera, Manuel
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 11 de marzo de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=253
2. Catálogo de autoridades de la Biblioteca Nacional de España. XX1182110. Visitado o 11 de marzo de 2021