(A Coruña, España, 1903 - Nova York, Estados Unidos de América, 1991)
Apuntes biográficos/históricosFoi un historiador e político galego.
Naceu no barrio mariñeiro de San Roque de Fóra, na cidade da Coruña, fillo de Antonio González Doldán, un tipógrafo ligado aos movementos obreiros. Estudou na Coruña e tivo como mestre a Xoán Vicente Viqueira e logo marchou a Madrid para estudar dereito, onde se licenciou. Conseguiu en 1931 a cátedra de dereito penal na Universidad de La Laguna, pero non chegou a exercer por mor das súas actividades políticas.
En Madrid foi o fundador e primeiro secretario xeral da Federación Universitaria Española (FUE), aínda nos tempos da ditadura de Primo de Rivera e nas primeiras eleccións da Segunda República, en 1931, saíu elixido deputado pola circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Galega, debido a que revalidou nas eleccións de 1933 (representando á ORGA) e de 1936 (nas listas de Esquerda Republicana). Durante a República foi director xeral de administración local (1932) e director xeral de Beneficencia (1933).
En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia.
O estalido da Guerra Civil española coincídelle en Madrid, en zona republicana, e como representante do goberno acode a Xenebra á Liga das Nacións, onde ten o encargo de coordinar unha rede de espionaxe a favor do goberno democrático.
Coa derrota bélica, exíliase aos Estados Unidos, en Nova York, onde permanecerá ata a súa morte. Nos Estados Unidos deu clases de historia na Universidade da Cidade de Nova York, onde se especializou en Historia de España e Historia de Galicia.
En 1984 recibe a Medalla Castelao, na súa primeira entrega. Foi nomeado Cronista Xeral de Galicia e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Tamén foi nomeado académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1978.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 26 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=2240
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX940411. Visitado o 26 de maio de 2020