(A Mezquita, Ourense, España, 1904 - Mesía, A Coruña, España, 2002)
Apuntes biográficos/históricosFoi un xornalista español.
Estudou o bacharelato en Ourense e, en 1924, ingresou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago. Nese mesmo ano viron a luz os seus primeiros artigos no "El Pueblo Gallego", no que dirixiu a páxina universitaria deste xornal.
En 1927 abandonou a cidade compostelá, e marchou a París (Francia). No ano seguinte conseguiu unha bolsa de estudos na Universidade de Berlín. Desde alí escribiu en diversos xornais españois, especialmente en "La Vanguardia" de Barcelona, utilizando desde entón a firma Augusto Assía.
En abril de 1933 foi expulsado de Alemaña polo Goberno nazi e "La Vanguardia" enviouno a Londres como correspondente.
En agosto de 1936 viaxou á España nacional, quedando adscrito á sección de Prensa do Goberno de Burgos.
En 1939 foi enviado de novo a Londres como correspondente, e alí pasou toda a Segunda Guerra Mundial, enviando unhas crónicas que se fixeron famosas, pois sempre confiou na derrota das potencias do Eixo. Tras a vitoria aliada na guerra, cubriu a información sobre os xuízos de Nuremberg. En 1950 trasladouse a Estados Unidos, onde continuou como correspondente de "La Vanguardia".
No ano de 1964 comprou en Xanceda (Mesía) unha gran extensión de terreo, onde montou unha explotación agrícola-gandeira.
En xullo de 1967 asinou en "La Voz de Galicia" un artigo no que reclamaba a equiparación de dereitos para a lingua galega no seu país.
O ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, impúxolle unha multa de 50.000 pesetas ao director do xornal, Francisco Pillado Rivadulla, pola publicación do citado artigo de Fernández Armesto.
Foi pai do historiador e académico británico Felipe Fernández-Armesto.
Wikipedia
Formas alternativas do nomeFernández Armesto, Felipe, 1904-2002
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 15 de maio de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=374
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1048471. Visitado o 15 de maio de 2020