Apuntes biográficos/históricosPintor, escultor e gravador galego.
Procedente dunha familia de empresarios brigantinos, Jesús Núñez estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando e na Escola Nacional de Artes Gráficas, en Madrid, ampliando estudos en Berlín e París. En 1954 celebrou a súa primeira exposición individual na Coruña, e en 1962 participou nas bienais de Venecia e Toquio.
Obtivo o seu maior galardón como gravador en 1963, ao recibir o gran premio de gravado no II Certame Nacional de Artes Plásticas, celebrado en Madrid. Entre as súas distincións tamén se encontran o segundo premio internacional de deseño téxtil na bienal de Artes Aplicadas de Punta del Este (1967), e o primeiro premio de arte en estampación da Exposición Nacional de Arte Contemporánea de Madrid (1970).
A súa obra abarca practicamente todas as técnicas do gravado, así como a pintura, escultura, deseño téxtil e de xoias, e mesmo o deseño de mobiliario, encontrándose representado nos principais museos estatais de arte contemporánea.
O seu maior empeño foi a creación do Centro Internacional da Estampa Contemporánea en Betanzos, a raíz dun curso de veráno de gravado impartido en 1985 no marco da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Galipedia
Formas alternativas do nomeNúñez Fernández, Jesús, 1927-
Núñez, J., 1927-
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 25 de novembro de 2020 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3454
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1026629. Visitado o 25 de novembro de 2020