(A Coruña, España, 1879 - Biel/Bienne, Suíza, 1938)
Apuntes biográficos/históricosRamón María Tenreiro Rodríguez, nado na Coruña en 1879 e finado en Bine (Suíza) en 1939, foi un escritor e un político galego. Era irmán do arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez.
Ramón Tenreiro estudou no Instituto Eusebio da Guarda na Coruña e logo en París, onde foi compañeiro de Picasso. De natureza enfermiza, aínda novo foille amputada unha perna. Licenciouse en Dereito. En 1908 quedou segundo no concurso de novelas breves de "El Cuento Semanal" con Embrujamiento. Foi crítico literario en La Lectura e colaborou en El Sol.
Amigo persoal de Manuel Azaña, foi militante de ORGA primeiramente e máis tarde seríao de Izquierda Republicana. Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Cando estalou a guerra civil española foi nomeado secretario da embaixada española de Berna (Suíza). Faleceu en Bine, nas beiras do lago Neuchâtel, en 1939.
Escribiu narracións en lingua castelá e traduciu do alemán algunhas obras. Algunhas das súas narracións foron vertidas a outros idiomas. Así mesmo colaborou en diversas revistas e xornais.
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 05 de maio de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=4845
2. Catálogo da Biblioteca Nacional. XX1082550. Visitado o 05 de maio de 2021