Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 27 de mayo de 1969]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1969]
Descrición física: 1 carta ([2] p.) ; 27 x 22 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada con anotación ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 53, pp. 252-257
Resumen: Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo en resposta á que éste lle enviou o día 21 agradecéndolle as diapositivas, preguntándolle se recibiu o diñeiro para o departamento da Coruña, e pedíndolle que realice algunhas modificacións.
Infórmalle de que Laxeiro chegou fai uns días e que ambos recibiron O Divino Sainete.
Alégrase de que o mural Mulleres sentadas esté a quedar ben. Coméntalle que rematou de ilustrar un libro de Manuel María.
Comenta a impaciencia que lle manifestan por recibir noticias e obra para a exposición de Montevideo Muestra de Estampa Popular Gallega, que está proxectada para o 15 de xullo.
Infórmao dos consellos de guerra que se están a producir nas proximidades, e de que tratarán de ver a Camilo nos próximos días.
En canto á situación en Buenos Aires, comenta que segue chea de inquietudes, ponlle ao día do ambiente cultural, e cre que a fábrica de Magdalena pode estar a piques de desaparecer.
Inclúe un parágrafo manuscrito de Maruja Seoane dirixido a Mimina avisándoa de que recibiron a súa carta do 14 de maio.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
rexistros relacionados: [Carta de Maruja Seoane a Mimina. Buenos Aires, 14 de mayo de 1969]. - [1969]
[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. Castro, 21 de mayo de 1969]. - [1969]
Materia / lugar / evento: Díaz Arias de Castro, Camilo, 1948-
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Manuel María, 1929-2004
Laxeiro, 1908-1996
Cerámicas de Sargadelos
Gravadores - Galicia - Exposicións
Arxentina - Situación social - 20º século
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Dereitos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal