Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 23 de enero de 1972]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1972]
Descrición física: 2 cartas ([4] p.) ; 27 x 21 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada con anotacións ms.
Resumen: Cartas escritas por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en días consecutivos.
Na carta do día 23 responde á súa do día 11 mostrando a súa sorpresa pola súa decisión de non colaborar con Corredor Matheos na exposición de arte galega pois anteriormente manifestárase a favor. Indícalle que se entera por Xosé de que non quere facer a exposición de Clavé antes de marzo e infórmalle de que a selección dun executivo para Sargadelos resulta longa e cansada. Explícalle que a pileta ten unhas medidas e forma concretas porque se dedicará a competicións deportivas polo que ten que seguir as normas internacionais e que a súa dúbida era sobre o revestimento das paredes. Pensa que a idea do enxeñeiro Díaz dunha pileta de formas curvas se podería empregar noutra dedicada aos nenos. Asegura que está a favor de que este enxeñeiro colabore no proxecto pero no quere perder de vista a Albalat, por ser o autor do proxecto da Fábrica e membro do Laboratorio de Formas. Avísao de que non recibiu a carta do día 2 de decembro e volve a pedirlle que lle escriba a Sargadelos. Infórmao de que lle realizaron unha exploración do oído para comprobar se había danos e que non atoparon nada.
Na carta do día 24, mandada no mesmo correo que a anterior, Isaac informa a Luís e Maruja Seoane do falecemento da nai de Pilar Paz Andrade.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Contén: Contén: Carta do 23 de xaneiro de 1972 ([2] p.) -- Carta do 24 de xaneiro de 1972 ([1] p.)
rexistros relacionados: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 11 de enero de 1972]. - [1972]
Materia / lugar / evento: Fernández-Albalat Lois, Andrés, 1924-2019
Clavé, Antoni, 1913-2005
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Corredor-Matheos, José, 1929-
Cerámicas de Sargadelos
Acúfenos
Arte galega - 20º século - Exposicións
España - Situación social - 1939-1975 (Ditadura)
Galicia - Emigración
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
Títulos secundarios: Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís e Maruja Seoane. 24 de enero de 1972]
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal