Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 6 de junio de 1969]
Autor: Seoane, Luis, 1910-1979
Publicación: [1969]
Descrición física: 1 carta ([2] p.) ; 28 x 22 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada con anotación ms. e sinatura autógrafa
Bibl.: Luis Seoane : notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979) / María América Díaz, Sada: Ediciós do Castro, 2004, doc. 55, p. 259-263
Resumen: Carta enviada por Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo en resposta á carta que lle enviou o día 29 de maio avisándoo de que lle envía a ficha do banco cuberta e que en breve lle fará un novo xiro.
Confírmalle que recibiu as dúas monografías de Juan Naya López sobre as galerías coruñesas e que contactou con Beatriz Rey e coa dona dunha das galería interesadas na súa obra.
Explícalle por qué non se reuniu con Ricardo Salvat en Madrid e que en Montevideo anhelan as pezas para a exposición polo que lle pide que mande os seus gravados.
Infórmao de que non ten noticia de facer declaracións para La Noche e que a revista Cuco-Rei continúa en proxecto porque ten varias exposicións entre mans e está desanimado.
Trasládalle que José Blanco Amor continúa na revista Galicia, do Centro Gallego, e a súa opinión ao respecto, e dalle algunhas indicacións para o mural de El Castro, como fixera na carta do 27 de maio.
Comenta que se espera a chegada de Xesús Alonso Montero para xullo e, en nota, avísao de que acaba de recibir a visita de Laxeiro e que permanecerá en Arxentina durante seis meses mentres proxecta unha exposición.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
rexistros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. Castro, 29 de mayo de 1969]. - [1969]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 27 de mayo de 1969]. - [1969]
Materia / lugar / evento: Rey, Bea, 1939-
Alonso Montero, Xesús, 1928-
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Exposicións
Laxeiro, 1908-1996
Cerámicas de Sargadelos
Centro Gallego de Buenos Aires
Emigrantes galegos - Publicacións periódicas - Arxentina
Arxentina - Situación social - 20º século
Uruguai - Exposicións - 20º século
Galicia - Emigración
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
CDU: 75 Seoane, Luís (044.2)
75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
Tipo de publicación: Manuscritos
Dereitos: In Copyright (InC)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal