Sección: Manuscritos
Título: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 28 de agosto de 1972]
Autor: Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012
Publicación: [1972]
Descrición física: 1 carta ([4] p.) ; 28 x 21 cm
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: folla
Apuntamentos: Carta mecanografada
Resumen: Carta, coa cabeceira do "Seminario de Estudios Cerámicos. Sargadelos", enviada por Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane en resposta ás súas dos días 11, 22 e 27 de xullo, e 21 de agosto, na que confirma que nesa última data lle mandou unha carta.
Confírmalle as súas sospeitas sobre o intento dos seus socios de incapacitalo e augúralle moito éxito na próxima inauguración en Bonino.
Envíalle fotos da "Pía do Xunco" e promete unha fotografía máis clara da casiña na que está a vivir, a cal pretende que sexa o primeiro elo do "Seminario de Estudios Cerámicos".
Dalle conta da conferencia de Castro Arines sobre novos materiais e do seu entusiasmo coa escola de cerámica, na que quere colaborar.
Refírelle a posibilidade de clausurar a exposición sobre Clavé cunha conferencia de Ricard Salvat. Fala de mellora da súa situación familiar a raíz do abandono de Rosendo e Xosé da casa do Castro e do traslado de Mimina xunto a el, e da intercesión de Álvaro Gil e Castro Arines.
Asegúralle que prefire deixar morrer ó Castro antes de que interfira no futuro de Sargadelos.
Confirma que lle chegaron os debuxos para a cor das farsas de Blanco Amor e os figuríns para o grupo de baile, e que lle manda un programa da obra de Salvat completo e copia do texto que prohibiron para o catálogo, do que lle falara na carta do 22 de maio.
Maniféstase de acordo coa súa idea para o segundo caderno do Laboratorio de Formas para o que pide suxerencias e lle pregunta pola tapa.
Confírmalle a recepción do certificado de estudos de Camilo e espera que se tome en serio os estudos como Seoane lle di.
Refírelle a visita do subdirector xeral de Bellas Artes, o comisario adxunto do plan de desenvolvemento, e o gobernador civil acompañados por Álvaro Gil, e a boa predisposición para a calificación de conxunto histórico-artístico de Sargadelos.
Confírma que lle vai a enviar unhas diapositivas mellores sobre o libro e pregunta pola saúde de Maruja e pola súa visita a Galicia.
Condicións de acceso e uso: Esta obra atópase baixo a protección da lei de propiedade intelectual. A consulta da copia dixital desta publicación poderá realizarse nas instalacións da Biblioteca de Galicia.
Contén: Contén: fotocopia da carta orixinal
rexistros relacionados: [Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 22 de mayo de 1972]. - [1972]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 11 de julio de 1972]. - [1972]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 27 de julio de 1972]. - [1972]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 21 de agosto de 1972]. - [1972]
[Carta de Isaac Díaz Pardo a Luís Seoane. 21 de agosto de 1972]. - [1972]
[Carta de Luís Seoane a Isaac Díaz Pardo. Buenos Aires, 22 de julio de 1972]. - [1972]
Materia / lugar / evento: Arias de Castro, Carmen, 1921-2013
Clavé, Antoni, 1913-2005
Gil Varela, Álvaro, 1905-1980
Díaz Arias de Castro, Rosendo, 1947-
Castro Arines, José de, 1913-1997
Seoane, Luis, 1910-1979 - Correspondencia
Díaz Pardo, Isaac, 1920-2012 - Correspondencia
Blanco-Amor, Eduardo, 1897-1979
Salvat, Ricard, 1934-2009
Díaz, Xosé, 1949-
Cerámicas do Castro
Cerámicas de Sargadelos
Seminario de Sargadelos
España - Situación social - 1939-1975 (Ditadura)
Galicia - Emigración - 20º século
Género / forma: Manuscritos
Outros autores: Seoane, Luis, 1910-1979
CDU: 75 Díaz Pardo, Isaac (044.2)
75 Seoane, Luís (044.2)
Tipo de publicación:
Manuscritos
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal