Sección: Hemeroteca
Título uniforme: Heraldo de Galicia (Ourense. 1930)
Título: Heraldo de Galicia : semanario de los lunes, cultural e informativo
Publicación, Produción, Distribución, etc.: Publicación: Orense : [editor non identificado], 1930-1936
Fabricación: [Orense] : Imp., enc., lib. y pap. La Industrial, 1930
Fabricación: Orense : La Región, [1931-1936]
Descrición física: volume ; 47 cm
Periodicidade actual: Semanal
Tipo de contido: texto
Tipo de medio: sen mediación
Tipo de soporte: volume
Comezo/Cesamento: N. 1 (27 out. 1930)
Cesa non antes de xuño de 1936.
Apuntamentos: Propietarios: Ricardo Outeiriño, Isidoro Guede.
Directores: Ricardo Outeriño, José Goyanes.
Consello de redacción: Vicente Risco, Florencio de la Torre, Ricardo Outeiriño.
Redactores: Augusto Casas, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Xosé Ramón Fernández Oxea.
Colaboradores: Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vilar Casas, Alberto Vilanova, Castelao, F. Fernández del Riego, Xaime Prada, J. Núñez Búa.
Referencias: Historia de la prensa gallega de Enrique Santos Gayoso (2014), t. I, p.397
Referencias: Wikipedia. Visitada o 26 de xuño de 2025.. https://www.wikidata.org/wiki/Q12390383
Erros na numeración.
A liña inspiradora do xornal, viña marcada polos seus editoriais, debidos á pluma de López Cuevillas, R. Outeiriño e López Teijeiro. A vinculación co Partido Galeguista chega a través de Outeiriño e Goyanes, membros do partido. Estaba redactado en galego e castelán. Nun principio funcionou como portavoz do Partido Nazonalista Republicano de Ourense, liderado por Otero Pedrayo. Logo foi portavoz do Partido Galeguista en Ourense e termina sendo portavoz de Dereita Galeguista en Ourense. Publicou o 10 de febreiro de 1936 o manifesto da Dereita Galeguista de Ourense asinado por Vicente Risco, José Fernández Borrajo, José Antonio Varela Garza, Isidoro Guede, José Luis Parente, Ángel Martínez Doval, José Perille Garra e o director do periódico José Goyanes Sotelo. Contaba con varias seccións fixas: "Prosas galegas" e "Esquemas y lembranzas", de Otero Pedrayo; "Leria nova", de Vicente Risco; "Apuntes de Roma", de Florencio de la Torre; e "Efemérides de Galicia".
Textos en castelán e galego.
Descrición baseada no: ano I, n. 2 (3/11/1930)
Nome xerárquico de lugar: España - Galicia - Ourense - Ourense
España - Galicia - Ourense - Ourense
Outros autores: Outeiriño, Ricardo (Outeiriño Rodríguez, Agustín Ricardo), 1904-1986
Goyanes Sotelo, José Juan
López Cuevillas, Florentino, 1886-1958
Risco, Vicente, 1884-1963
Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976
Casas, Augusto, 1906-1973
Ramón e Fernández Oxea, Xosé, 1896-1988
Vilanova Rodríguez, Alberto, 1910-1985
Castelao, 1886-1950
Fernández del Riego, Francisco, 1913-2010
Prada, Xaime, 1891-1966
Núñez Búa, Xosé, 1897-1981
Torre Carrillo, Florencio de la, m. 1940
La Industrial, imp
Imprenta La Región (Ourense), imp
Tipo de publicación:
Periódicos e Revistas
Dereitos: Obra en dominio público
Comprende:
año 1:n.2 (1930:nov.3) - año 5:n.223 (1935:marzo 18)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal