• Memoria de acondicionamento e consolidación... (2015)

    Memoria de acondicionamento e consolidación... (2015)

  • Control arqueolóxico das obras de instalación... (2014)

    Control arqueolóxico das obras de instalación... (2014)

  • Escavación arqueolóxica en área e sondaxes no... (2015)

    Escavación arqueolóxica en área e sondaxes no... (2015)

  • Escavación arqueolóxica, limpeza, documentación... (2015)

    Escavación arqueolóxica, limpeza, documentación... (2015)

  • Memoria técnica control arqueolóxico do rozado... (2015)

    Memoria técnica control arqueolóxico do rozado... (2015)

  • Actuacións arqueolóxicas  : ano 2009 (D.L. 2013)

    Actuacións arqueolóxicas : ano 2009 (D.L. 2013)

Galicia conta cun rico patrimonio cultural constituído por bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deben ser estudados e considerados para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o departamento ao que lle corresponde a coordinación das actuacións en materia de patrimonio histórico, arqueolóxico, paleontolóxico, artístico, arquitectónico e etnolóxico en todas as súas manifestacións, así como en materia de museos.

Un dos seus departamentos, o Servizo de Arqueoloxía da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais é o responsable da promoción e xestión de actuacións arqueolóxicas. A execución dunha intervención arqueolóxica require a presentación e a autorización previa dun proxecto, así como a entrega dunha memoria ao remate da actividade na que se reflicta o desenvolvemento e os resultados destes traballos arqueolóxicos.

Estas memorias recollen gran cantidade de información fundamental para a conservación do noso patrimonio cultural e resultan de gran interese para os estudosos e investigadores na materia. Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, en colaboración co Servizo de Arqueoloxía, quere poñer a disposición de todos os cidadáns este importante fondo documental froito do desenvolvemento da actividade arqueolóxica en Galicia desde os seus inicios.

Na primeira fase deste proxecto colaborou a Fundación Luís Monteagudo mediante a dixitalización dun grupo de memorias arqueolóxicas e unha serie de publicacións editadas polo Servizo de Arqueoloxía que se fan accesibles en Galiciana-BDG en formato PDF. O obxectivo é continuar incrementado esta colección nos próximos anos e contribuír así a facilitar a investigación e promover a difusión do rico patrimonio arqueolóxico de Galicia.