• Alén : comedia dramática n'un acto e tres... (1921)

    Alén : comedia dramática n'un acto e tres... (1921)

    Quintanilla, Xaime

  • Almas mortas  : novela dialogada cómico tráxica... (s.a.)

    Almas mortas : novela dialogada cómico tráxica... (s.a.)

    Villar Ponte, Antón

  • Centro Gallego : órgano de la colectividad... (1917-1925)

    Centro Gallego : órgano de la colectividad... (1917-1925)

  • Almanaque de Ferrol : para el año de ... con... (Fabricación: 1905-1910)

    Almanaque de Ferrol : para el año de ... con... (Fabricación: 1905-1910)

  • As Burgas : Literatura e artes (1894-1895)

    As Burgas : Literatura e artes (1894-1895)

  • Cultura gallega :  literatura, arte, geografía,... (1936-1940)

    Cultura gallega : literatura, arte, geografía,... (1936-1940)

  • Domecq en Galicia : revista mensual (Publicación: 1925-1928)

    Domecq en Galicia : revista mensual (Publicación: 1925-1928)

  • Bañarnos emos nas ondas! : as sete cantigas, o... (Publicación: 2014)

    Bañarnos emos nas ondas! : as sete cantigas, o... (Publicación: 2014)

    Codax, Martín

  • Heraldo de Galicia : periódico consagrado a los... (Producción: 1919-)

    Heraldo de Galicia : periódico consagrado a los... (Producción: 1919-)

  • El Centro Gallego en su cuadragésimo aniversario (1919)

    El Centro Gallego en su cuadragésimo aniversario (1919)

    Centro Gallego de La Habana

  • Bágoas conxeladas (Fabricación: 1916)

    Bágoas conxeladas (Fabricación: 1916)

    Aira Barrera, Cástor de

  • 1ª Xeira docente : Vigo-agosto-1933, Colexio Labor (Publicación: 1933)

    1ª Xeira docente : Vigo-agosto-1933, Colexio Labor (Publicación: 1933)

  • Exposición de Arte Gallego : Montevideo,... (1929)

    Exposición de Arte Gallego : Montevideo,... (1929)

    Exposición de Arte Gallego

  • O Irmandino : periódico galego, órgano da... (Publicación: 1934-)

    O Irmandino : periódico galego, órgano da... (Publicación: 1934-)

  • Apuntes para la historia del Centro Gallego de... (1909)

    Apuntes para la historia del Centro Gallego de... (1909)

    Novo, Juan A

  • Dicionario galego de televisión (Publicación: 2005)

    Dicionario galego de televisión (Publicación: 2005)

    Pazó Fernández, Edith

A colección da Biblioteca da Real Academia Galega ten a súa orixe en decembro de 1905 con doazóns feitas por membros da institución ou tamén polos propios autores que foron remitindo as súas obras. É salientable, entre outras, a importante colección de folletos editada pola comunidade galega en América e mais polo tecido asociativo co que se contaba en Galicia a comezos do século XX, a Biblioteca do Convento de Montefaro ou as bibliotecas individuais como a de Pardo Bazán ou a de Manuel Murguía.

 

 

En canto a temática, trátase dunha biblioteca especializada na área das humanidades, sobre todo, nos campos da historia, folclore, literatura e lingua de Galicia. É, polo tanto, de consulta obrigada para calquera achega á cultura galega, xa que se configura como un servizo esencial no fomento do estudo e no apoio á docencia ou á investigación de toda a comunidade galega, reunindo, conservando e espallando todos aqueles recursos bibliográficos e informativos dos que dispón. A Biblioteca da RAG conta cunha importante sección de Hemeroteca na que conserva fondos de máis de 2.500 cabeceiras de revistas publicadas ao longo dun período de douscentos anos.

 

 

Galiciana-Biblioteca Dixital reúne neste micrositio, arredor de 1.500 títulos de monografías e publicacións periódicas fruto da dixitalización dos fondos da RAG. A dixitalización destes fondos realizouse, polo momento, dentro de tres proxectos realizados, o primeiro deles no ano 2008. Neste primeiro proxecto de dixitalización, se transformaron a formato dixital, monografías e publicacións periódicas que supuxeron arredor de 155.841 imaxes.

 

No ano 2018, a AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) convoca por primeira vez as axudas á dixitalización do patrimonio cultural galego. A RAG preséntase cun proxecto consistente na dixitalización de 76 títulos de publicacións periódicas. A selección que fai a Real Academia para o seu proxecto reunía títulos tan significativos da prensa galega como O Tío Marcos d'A Portela, As Burgas, Mondariz, O Vello do Pico-Sagro, A Nosa Terra, Nós: páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste ou Alfar. Por outra parte, foron seleccionadas un conxunto de revistas americanas, editadas as máis delas polas colectividades galegas que viviron na emigración cubana e arxentina a finais do século XIX e principios do XX, como o Boletín oficial del Centro Gallego de Buenos Aires, Eco de Galicia, Follas novas ou A Fouce. En total foron dixitalizadas nesta primeira convocatoria de subvencións da AMTEGA máis de 135.000 páxinas, dotadas todas elas cun proceso de OCR que fai posible a busca a texto completo.

 

A segunda convocatoria de axudas á dixitalización do patrimonio chegaría no ano 2020, desenvolvéndose ao longo dese ano e o seguinte. Nesta ocación a Real Academia presenta un proxecto para dixitalizar 511 monografías e 29 títulos de publicacións periódicas, todas elas pertencen ao fondo galego, é dicir, están editadas en Galicia, son de autores galegos ou de temática galega. Inclúense tamén un grupo de obras editadas en América por autores da nosa terra ou polas colectividades galegas no exterior, entre elas estatutos, regulamentos ou memorias dos distintos Centros Galegos, que achegan unha importantísima información sobre estas entidades e o seu papel en favor da nosa cultura. Nesta ocasión, tamén se incluíron no proxecto, fondos editados pola RAG, entidade que xoga un papel fundamental na investigación e difusión da cultura do noso país. Tamén hai que subliñar que o fondo seleccionado ten un valor engadido por tratarse de primeiras edicións e conter obras con moi escasos exemplares, ademais de
incluír algúns xornais galegos antigos escritos na lingua do país, que os convirte en especialmente relevantes.

A segunda convocatoria de axudas á dixitalización do patrimonio chegaría no ano 2020, desenvolvéndose ao longo dese ano e o seguinte. Nesta ocación a Real Academia presenta un proxecto para dixitalizar 511 monografías e 29 títulos de publicacións periódicas, todas elas pertencentes ao fondo galego, é dicir, están editadas en Galicia, son de autores galegos ou de temática galega. Inclúense tamén un grupo de obras editadas en América por autores da nosa terra ou polas colectividades galegas no exterior, entre elas estatutos, regulamentos ou memorias dos distintos Centros Galegos, que achegan unha importantísima información sobre estas entidades e o seu papel en favor da nosa cultura. Nesta ocasión, tamén se incluíron no proxecto, fondos editados pola RAG, entidade que xoga un papel fundamental na investigación e difusión da cultura do noso país. Tamén hai que subliñar que o fondo seleccionado ten un valor engadido por tratarse de primeiras edicións e conter obras con moi escasos exemplares, ademais de incluír algúns xornais galegos antigos escritos na lingua do país, que os convirte en especialmente relevantes.