Apuntes biográficos/históricosPrestixioso xurisconsulto, fixo os seus primeiros estudios no colexio da Latinidad de Viveiro, licenciándose posteriormente en Dereito na Universidade de Santiago. Comezou exercendo a avogacía en Viveiro ainda que, sempre que subía ó poder o Partido Moderado, ocupaba importantes cargos públicos, tales como o de Conselleiro, Deputado provincial ou Vicepresidente do Consello Provincial. Na súa faceta periodística colaborou en publicacións como La Aurora del Miño, El Eco de Galicia, Los Almanaques ou a Revista Jurídica de Galicia. Ademáis dirixíu El Correo de Lugo.