Apuntes biográficos/históricosPascasio Fernández de Seguín destacou na súa xeración coma home douto, cuns coñecementos moi por riba da media do seu tempo. Recoñecido xesuíta, ingresou na Compañía de María, onde realizou labores de misioneiro. Botou cinco anos en México, o seu primeiro destino, e en 1746 marchou a Filipinas. Alí traballou como mestre de matemáticas no colexio que a orde tiña en Manila.
Xa de volta a España, viviu en carne propia a expulsión dos xesuítas, decretada por Carlos III. Marchou a Italia, terra na que transcorreron os seus derradeiros anos de vida ate a súa morte en Bolonia.
Na súa obra é obrigado sinalar a influencia que tivo a súa gran amizade con Lorenzo Hervás y Panduro, pioneiro da filoloxía comparada. Dentro dela destaca o título Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes, impresa dúas veces: a primeira en México (1750) e a segunda na Habana (1847). Crese que xa a levaba escrita cando viaxou a México e que aproveitou a súa estancia no país para imprimila. O volume divídese en sete discursos e, tal e como sinalan os críticos, é máis que unha historia xeral de Galicia, constitúe o relato de feitos concretos de interese para o autor.