Apuntes biográficos/históricosEstudante no Instituto de Lugo, ao rematar, en 1885, ingresa no seminario, sendo ordenado sacerdote en 1890. Ingresa no Mosteiro de Samos da orde beneditino pero un ano despois sae para profesar na orde franciscana.
En 1906 comeza o seu labor docente no Colexio Internacional de San Antonio de Roma asumindo tamén outros cargos como o de procurador xeral da súa orde.
Volve a España debido á enfermidade do bispo xienense Sanz y Sarabia, sendo nomeado administrador apostólico da diocese de Xaén e, máis tarde bispo de Lugo, onde toma posesión en xuño de 1920. Foi senador polo arcebispado de Granada e pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela. En 1927 foi destituído de xeito tallante e motivos descoñecidos por Pío XI, sendo nomeado Arcebispo titular de Pelusio para evitar dixomedíxomes. Decide non volver a Lugo e instálase no convento de franciscanos de Zarauz ata a súa morte.
Promotor do culto eclesiástico, a adoración nocturna e estivo moi preto de institucións tales como Acción católica ou a Confederación Nacional de Obreiros Católicos.
Formas alternativas do nomeRey Lemos, Plácido Ángel
Rey Lemos, Plácido-Angel O.F.M
Rey Lemos, Plácido-Ángel , (O.F.M.), 1867-1941
Rey Lemos, Plácido Ángel O.F.M
Fontes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. Consultado o día 8 de novembro de 2021. XX1187187