Apuntes biográficos/históricosAmador Leopoldo Villar Amor, nado en Ribadavia en 1866 e finado en Vigo o 20 de abril de 1944, foi un escritor galego.
Xunto co seu irmán Secundino fundou o Colexio Villar de Ourense (1885-1935), do que foi profesor. Foi secretario do Partido Republicano de Ourense e colaborou en La República. Poeta decimonónico, en ocasións utilizaba o pseudónimo Roque Pelico d'Ovella; publicou algúns poemas en galego na revista Nós. A cidade de Ourense dedicoulles aos irmáns Villar unha rúa en 1934.
Galipedia
Formas alternativas do nomeSeudónimo:
Seudónimo: Pelico d'Ovella, Roque
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 4 de febreiro de 2021 http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=5250
2. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX920802. Visitado o 4 de febreiro de 2021