Apuntes biográficos/históricosXacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo Yahaqob ben Zebdi), máis coñecido como Santiago o Maior, morto en 44, era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.
O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.
Traballaba co seu pai, Zebedeo, e o seu irmán Xoán, que ía ser outro dos apóstolos de Cristo.
Santiago formou co seu irmán Xoán e os tamén irmáns Pedro e Andrés o primeiro grupo de discípulos de Cristo.
Aínda que non hai un só documento cristián que o mencione, crese que, trala morte de Xesús, Santiago partiu a evanxelizar a Península Ibérica. Estivo en Galicia e tamén en Portugal (Guimarães e Póvoa de Varzim).
Segundo a tradición, o 2 de xaneiro do ano 40, a Virxe María aparecéuselle en Caesaraugusta (actual Zaragoza), sobre un piar (hoxe venerado na basílica de Nosa Señora do Pilar). A tradición da Virxe da Barca, en Muxía é similar: a nai de Xesús, aparéceselle nunha nave de pedra sobre o Océano e confórtao e anímao a seguir predicando entre os galaicos.
Santiago volveu a Palestina, onde foi decapitado por Herodes Agripa entre os anos 43 e 44.
Segundo a tradición popular, os restos de Santiago foron trasladados dende Palestina ata Galicia de forma milagrosa: uns anxos colléronos e depositáronos nunha barca de pedra que chegou soa ata Iria Flavia, na desembocadura do río Ulla, e amarrada no Pedrón (de aí Padrón). Dende alí, disque foron levados ata o monte Libredón (actual Santiago de Compostela) atravesando os hostís dominios da raíña Lupa. Repousan na actualidade no interior da Catedral, baixo o altar maior.
Foi patrón dos reinos cristiáns hipánicos, e venerado en España, en toda Europa así como en multitude de santuarios de América, e deu nome a numerosas e importantes vilas e cidades, algunhas fundadas polos españois.
Chegou a ser símbolo guerreiro da loita contra o islam (Santiago Matamouros) dende o rei astur-galaico Ramiro I (tradición da Batalla de Clavijo). Hoxe é Patrón de España.
Como a súa festividade é o día grande de Galicia, o nacionalismo galego escolleuno como o día de Galicia ou Día da Patria Galega. A Xunta de Galicia preautononómica decretou o 25 de xullo Día Nacional de Galicia, algo que pervive nos sucesivos calendarios laborais aprobados polo executivo autonómico.
En 1122, o Papa Calisto II estableceu o ano santo xubilar xacobeo, confirmado coa Bula Regis Aeterni de Alexandre III promulgada en 1179, cando o día de Santiago cae en domingo. Isto consagrou o santuario de Santiago como un dos tres grandes destinos de peregrinación da cristiandade, xunto a Roma e Xerusalén.
Formas alternativas do nomeJacob el Mayor, Santo
Jacobo el Mayor, Santo
Jacobus el Mayor, Santo
Jacques el Mayor, Santo
Jago el Mayor, Santo
Jaime el Mayor, Santo
James el Mayor, Santo
Santiago Apóstol, Santo
Santiago Santo
Santiago, El Mayor Santo
Santiago Apóstol Santo
Santiago Apóstolo Santo
Santiago Apóstol
Fontes consultadas1. Catálogo de autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1142160. Visitado o 14 de decembro de 2021.
2. CDMARC names, 1993 James, the Greater, Saint
3. El apóstol Santiago y su proyección en la historia, 1993
4. Espasa Santiago, el Mayor; hijo del Zebedeo y de María Salomé