Apuntes biográficos/históricosFillo dun mestre. Emigrou a Cuba cara a 1918. Foi un dos redactores da revista literaria "Juvencia" (1922). Foi un dos fundadores da Irmandade Nazonalista Galega da Habana en novembro de 1922. Colaborou en "Galicia", "Eco de Galicia", "Heraldo de Galicia", "El Progreso de Asturias", "DM", "Athenea" e "Chic". Directivo da Asemblea de Apoderados do Centro Gallego de La Habana, foi secretario do partido Afirmación Gallega (1937). En 1936 fundou, coa colaboración de Adolfo Víctor Calveiro, "Cultura Gallega", da que foi subdirector e onde publicou artigos, relatos e poemas. Despois dirixiu "Lar" (1940-1941), órgano político de Afirmación y Defensa, simpatizantes do franquismo. Tamén colaborou en "Cultura Hispánica" e "La Vida Gallega en Cuba" (1951). Foi presidente da Sección de Bellas Artes do Centro Galego nos anos cincoenta. Visitou Galicia en 1953. En 1964 era presidente da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega. O 25 de xullo de 1967 asistiu na Habana á misa solemne de ministros ofrecida pola Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia. Marchou despois a Miami. Foi correspondente da Real Academia Galega.