Apuntes biográficos/históricosFilla de Pedro Alejandro Auber, un francés que se establece en España despois da invasión napoleónica. De nena marchou ás illas Canarias e despois a Cuba, onde iniciou o seu labor literario con traducións do inglés e do francés para o "Diario de la Habana". Colaborou na prensa e escribiu o folletín dominical "Ramillete Habanero" no "Diario de la Marina". Asinaba co pseudónimo Felicia. Destacou como novelista aínda que tamén probou fortuna no teatro con "Una deuda de gratitud, comedia nun acto". En 1873 regresou a Europa, viviu primeiro en Milán e logo en París, onde residiu vinte anos. Regresou a España en 1893 e instalouse en Madrid, onde residiu ata a súa morte.