(Berán, Leiro, España, 1800 - Santiago de Compostela, España, 1872)
"Pío Rodríguez-Terrazo Blanco, nado en 1800 en Berán (Leiro) e finado en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1872, foi un xurista e político galego.
Fillo de Pedro Rodríguez-Terrazo e Ángela Blanco, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela desde 1820. Tivo problemas en 1825 para matricularse polos seus antecedentes liberais, rematando a carreira en 1830.
Afincouse en Santiago de Compostela como avogado e despois como fiscal. Foi o primeiro alcalde de Santiago de Compostela (1834) e líder do progresismo en Compostela (1840-1847) formou parte de todas as xuntas revolucionarias dos pronunciamentos. Fundou o periódico La Situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares e a avogacía. Os seus derradeiros anos foi Promotor Fiscal do Xulgado de 1ª instancia de Santiago."
Enlaces relacionados
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal