Apuntes biográficos/históricosFoi un político e escritor galego, de ideoloxía nacionalista galega.
En 1916, ano en que se fundou a primeira Irmandade da Fala, incorporouse á de Compostela e participou como cofundador na de Vilalba.
En 1918 foi redactor do Programa das Irmandades da Fala, aprobado na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo. Entre outros recollía a petición da autonomía integral de Galicia e a igualdade de dereitos de mulleres e homes.
Pena Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920 (nos que o seu compañeiro de candidatura, Antonio Villar Ponte, perdeu por moi poucos votos).
En 1921 publicou o libro "La mancomunidad gallega", o cal foi a referencia dos galeguistas á hora de concretar as súas ansias de autogoberno.
Coa proclamación da Segunda República foi membro da comisión redactora do Proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia da Federación Republicana Galega e ponente na presentación e defensa do devandito Proxecto estatutario na Asemblea celebrada na Coruña os días 4 e 5 de xuño de 1931. Nela aprobáronse as "Bases para o Estatuto Gallego".
En xuño de 1936 participou activamente na campaña prol-Estatuto de Galicia.
A súa pertenza ao bando republicano supuxo o comezo das penalidades: foi encarcerado primeiro en Lugo e despois en Baralla. Máis tarde foi deportado a Mallén (Zaragoza), para logo regresar como confinado a Vilalba ao final da guerra.
Desde entón, a súa vida concentrouse no ámbito do privado e no exercicio da avogacía no seu despacho de Vilalba. A única excepción constituíuna a obtención do premio Mouronte en febreiro de 1959 polo seu artigo "La inversión del ahorro campesino", publicado no xornal La Noche co pseudónimo Luís de Cadaval. Wikipedia
Formas alternativas do nomePeña Novo, Luis, 1893-1967
Seudónimo:
Seudónimo: Cadaval, Luís de, 1893-1967
Fontes consultadas1. Autores galegos na BUSC. Visitado o 24 de abril 2020. http://www3.usc.es/busc-autoresgalegos/autoridadesdet.asp?ida=3722
2. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1064916. Visitado o 24 de abril de 2020