Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos son uns fondos que funcionan de modo conxunto a fin de apoiar a cohesión económica, social e territorial e alcanzar os obxectivos da Estratexia Europa 2020 da Unión Europea (UE) para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.
No ámbito deste portal, recibíronse axudas cofinanciadas cos seguintes fondos:
Datos de identificación do proxecto Título: Memoria Dixital de Galicia Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais Obxectivo temático: 02 - Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 Prioridade de investimento: 02.03 - Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónical Obxectivo específico: 02.03.01 – Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saude Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos Estado de progreso do proxecto: En execución |
Promover a construción da Memoria Dixital de Galicia como un proxecto colectivo de preservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. O proxecto de Memoria Dixital de Galicia pon en marcha a recolección dos fondos culturais do Arquivo Dixital de Galicia e da Biblioteca Dixital de Galicia desde Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para a súa difusión desde este punto común de acceso. A Memoria Dixital de Galicia implica un achegamento ao patrimonio cultural e ao eido da dinamización da cultura, aproveitando a potencialidade das TIC e os novos usos e costumes dunha sociedade dixital. Un dos eixos fundamentais do proxecto da Memoria Dixital de Galicia será achegar unha liña de financiamento que permita ás institucións da memoria levar adiante proxectos de dixitalización para transformar os seus fondos patrimoniais en recursos dixitais accesibles. Será imprescindible que os obxectos dixitais resultado deses proxectos sexan conforme as normas e estándares nacionais e internacionais que se definan nas presentes bases reguladoras.
|
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal