(San Martiño de Manzaneda, Ourense, España, 1735 - Betanzos, España, 1807)
Apuntes biográficos/históricosLicenciado en Leis, a súa carreira é exemplo de constante ascenso en postos considerados de elevado prestixio social. Exerceu, entre outros cargos, os de fiscal de penas de Cámara da S.M., asesor do consulado, fiscal de intendencia do Reino e presidente da Real Sala do Crime. En canto á súa obra, aportoulle sona e recoñecemento o libro Derecho práctico y estilos de la Real Audiencia de Galicia, publicado en Santiago no ano 1768. O éxito da obra permitiu que en 1844, e tamén en Santiago, se publicara unha segunda edición anotada. Así mesmo, deixou escrita (mais non publicada, ao non contar coa aprobación da Academia de Historia) a obra Genealogía analítica de los antiguos régulos de Galicia [...].
Formas alternativas do nomeHerbella de Puga, Bernardo
Herbella, Bernardo, 1735-1807
Herbella y de Puga, Bernardo, 1735-1807
Fontes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX1303612. Consulta o 23.06.2017 http://catalogo.bne.es/uhtbin/authoritybrowse.cgi?action=display&authority_id=XX1303612&index=LCNAME&lang=es