A Biblioteca de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) queren homenaxear no Día da Ilustración deste ano 2018 a Camilo Díaz Baliño (1889-1936). Para isto presentan unha nova mostra bibliográfica e un vídeo sobre o escenógrafo, pintor e debuxante galego.
A mostra bibliográfica, que se poderá visitar desde o 30 de xaneiro ao 7 de marzo, consta de 54 pezas. Trátase de libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos todos relacionados coa figura de Camilo Díaz Baliño. Todas as pezas se custodian na Biblioteca de Galicia.
Unha das funcións da Biblioteca de Galicia é difundir os seus fondos entre o público en xeral. Así, esta exposición pretende dar a coñecer os fondos con que conta esta biblioteca sobre a figura do escenógrafo e pintor Camilo Díaz Baliño.
Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
Video-homenaxe Di2018: Camilo Díaz Baliño
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal