Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos son uns fondos que funcionan de modo conxunto a fin de apoiar a cohesión económica, social e territorial e alcanzar os obxectivos da Estratexia Europa 2020 da Unión Europea (UE) para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.

No ámbito deste portal, recibíronse axudas cofinanciadas cos seguintes fondos:

 

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (PO Feder Galicia 2014-2020)

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Datos de identificación do proxecto

Título: Memoria Dixital de Galicia

Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais

Obxectivo temático: 02 - Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Prioridade de investimento: 02.03 - Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónical

Obxectivo específico: 02.03.01 – Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saude

Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos

Estado de progreso do proxecto: En execución

Promover a construción da Memoria Dixital de Galicia como un proxecto colectivo de preservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. O proxecto de Memoria Dixital de Galicia pon en marcha a recolección dos fondos culturais do Arquivo Dixital de Galicia e da Biblioteca Dixital de Galicia desde Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para a súa difusión desde este punto común de acceso. A Memoria Dixital de Galicia implica un achegamento ao patrimonio cultural e ao eido da dinamización da cultura, aproveitando a potencialidade das TIC e os novos usos e costumes dunha sociedade dixital.

Un dos eixos fundamentais do proxecto da Memoria Dixital de Galicia será achegar unha liña de financiamento que permita ás institucións da memoria levar adiante proxectos de dixitalización para transformar os seus fondos patrimoniais en recursos dixitais accesibles. Será imprescindible que os obxectos dixitais resultado deses proxectos sexan conforme as normas e estándares nacionais e internacionais que se definan nas presentes bases reguladoras.


 
Acción: 57 – Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo
Obxectivo: Aproveitamento das tecnoloxías da información para promover a descrición, conservación e preservación dixital (no seu caso), normalización, estandarización, e difusión dos elementos que compoñen o patrimonio cultural de Galicia, ou de interese para Galicia. Inclúense neste ámbito bens mobles, inmobles, fondos de arquivos, bibliotecas e museos, e todos aqueles elementos que compoñen o patrimonio cultura. 
Descrición das operacións: Accións para a dixitalización do patrimonio documental  
  1. Servizo de creación de recursos dixitais custodiados nos arquivos históricos da Xunta de Galicia para a incorporación a Galiciana (expediente 2017/PA/0065)
  2. Servizo de creación de recursos dixitais a partir das coleccións de prensa histórica custodiadas nas bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia para incrementar a colección de Galiciana, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 (Expediente 2017/PA/0070)

Axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultura e modernización tecnolóxica do turismo - Dixitalización do patrimonio cultural

  1. Subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para o período 2018-2019 (PR606A)


Resultado esperado: A difusión dos recursos dixitais a través de Galiciana, sistema de difusión e recolección do Patrimonio Dixital de Galicia, que cumpre coas últimas directrices e estándares nacionais e internacionais para acadar así a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día.